A asociación de empresarios de Santa Comba promove unha campaña de fomento do comercio con motivo do día de San Valentín. A campaña «Namórate de Santa Comba» premiará as compras no comercio local asociado con 500 euros, repartidos en 10 vales de compra de 50 euros cada un deles.
A iniciativa estará operativa entre o 8 e o 14 de febreiro. Distribuiranse papeletas nos locais participantes que entrarán no sorteo on-line dos vales, previsto para o 16 de febreiro. Máis información sobre os establecementos participantes no Facebook da entidade patronal xalleira.