21 C
Santa Comba
jueves, noviembre 7, 2024

Un incendio deixa danos nunha casa deshabitada en Arteixo

Un incendio declarado nunha casa deshabitada nas proximidades da igrexa de Oseiro, en Arteixo, provocou diversos danos no inmoble.Concretamente, o lume orixinouse no baixo da casa e afectou ao chan do primeiro andar, ao faiado e ao tellado, sen que ningunha precisase asistencia.Cómpre sinalar que a casa incendiada linda con outra vivenda, que non se viu afectada.

O 112 Galicia tivo coñecemento do incendio uns minutos despois da unha e media desta tarde, a través do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo.Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Arteixo, á Policía Local, á Garda Civil e, como medida preventiva, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por se algunha persoa necesitase asistencia médica.O incendio quedou extinguido ás catro e media, segundo informaron ao 112 Galicia os Bombeiros de Arteixo.

Informa AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos