Un operario perdeu a vida esta mañá en Cerceda despois de caerlle encima unha máquina industrial nunha nave do Polígono do Acevedo.
Os Bombeiros de Ordes acudiron ao lugar para liberar ao traballador, que quedou atrapado debaixo do aparello. Aínda que, segundo confirmaron os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento ao 112 Galicia, varios operarios liberaron, co emprego dun guindastre, ao traballador accidentado.
Os feitos sucederon ao fío das dez. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente laboral.De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ordes, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil.A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios desprazados tan só puideron confirmar o falecemento do operario.
INFORMA AXEGA 112