Unha persoa perdeu a vida despois de sufrir un atropelo na rúa Hedras, en Ames.O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pasados uns minutos das oito e media desta mañá.
Nada máis recibir a alerta do accidente, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e de Santiago de Compostela, á Policía Local e ao GES de Brión. Ademais, ata o lugar acudiron tamén os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.Unha vez no lugar do accidente, os servizos sanitarios desprazados tan só puideron confirmar o falecemento da persoa atropelada.
Información-AXEGA 112