12.5 C
Santa Comba
viernes, mayo 9, 2025

Evacuadas dúas persoas en Arteixo con síntomas de intoxicación por mor dun escape de gas na súa vivenda

-AXEGA 112-

Os profesionais de urxencias sanitarias evacuaron na mañá de hoxe a dúas persoas con síntomas compatibles cunha intoxicación por culpa dun escape de gas.Moi preto das doce, os membros do equipo médico chamaron 112 Galicia para informar da mobilización das súas ambulancias ata a Travesía de Chamín, no concello coruñés de Arteixo, para atender a dúas persoas inconscientes e con dificultades respiratorias.

Ante a sospeita de que se podería tratar dunha inhalación nociva de gas, os efectivos sanitarios solicitaban a intervención de equipos de emerxencia para comprobar as instalacións da vivenda.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Arteixo co fin de restablecer as condicións de habitabilidade no inmoble. Tamén, foron informados os técnicos da empresa subministradora do gas, os axentes da Garda Civil, da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que as medicións para monóxido de carbono eran positivas. As persoas afectadas foron trasladadas polos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos