Info-AXEGA 112//
Os membros do GES de Padrón comunicaban ao 112 Galicia, ao fío da media noite, o achado.Indicaban que a muller, falecida, foi atopada no río, no lugar do Sisto, no concello de Rois.
O dispositivo de busca, posto en marcha desde a noitiña, estivo coordinado en todo momento polos axentes da Garda Civil e, desde ese intre, os servizos de emerxencias da localidade e da contorna traballaron arreo na procura da muller.
Ademais dos axentes da Garda Civil e os familiares da muller, formaron parte do operativo os efectivos de Protección Civil de Rois.Desafortunadamente, pese aos esforzos dos equipos de busca que acudiron ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.