10 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Aparece falecida en Val do Dubra a muller desaparecida en Oroso

FONTE-AXEGA 112

A muller desaparecida en Oroso, desde o mes de decembro, apareceu sen vida, a pasada tarde, na localidade de Val do Dubra.O 112 Galicia tivo constancia dos feitos, ás 20:15 horas, mediante a chamada dos membros de Protección Civil de Val do Dubra. Estes, tras recibir un aviso dunha persoa particular dun posible corpo nas proximidades do río Tambre, achegáronse ata o lugar de Cerradelo a comprobalo, xa que se trataba dunha zona de difícil acceso.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron á Garda Civil e, por se fosen precisos, aos Bombeiros dos parques de Santa Comba e Santiago.

Unha vez no lugar, as forzas da orde confirmáronlle ao 112 Galicia que a identidade da vítima se correspondía coa da muller desaparecida, o pasado mes, no concello de Oroso.

No operativo de busca da muller, coordinado desde o día 5 de decembro polos axentes da Garda Civil, participaron os drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a Unidade Canina de Rescate de Padrón e unha aeronave subacuática non tripulada do Servizo de Gardacostas de Galicia, xunto con familiares, veciños e membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Oroso, Santiago, Ames, Negreira, Teo, Val do Dubra e Boimorto.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos