Segundo informan desde AXEGA 112 no concello Cee, un incendio nunha casa finaliza sen feridos pero con significativos danos materiais. As chamas tiveron orixe nunha cociña con cheminea de leña e as lapas acabaron por consumir o teito da edificación.
Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 Galicia ás 20:15 horas da pasada noite para informar dun lume nunha casa de madeira na parroquia da Pereiriña. De inmediato, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do equipo de urxencias sanitarias, dos Bombeiros de Cee, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.