A asociación de pacientes Finisterrae iniciou unha campaña na plataforma Change.org para recoller sinaturas «Pola fundación dun centro de día» en Carnota, onde ten a sede esta asociación.
Para este fin diríxense ao concello de Carnota e indican que «hai un local propiedade do concello que está totalmente deshabilitado, que se podería empregar para este fin».
Desde Aspafin explican que na comarca hai «unha alta carencia de servizos sanitarios e de atención primaria solventes, exceptuando o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee e tendo como única referencia, o CHUS de Santiago, cun traxecto mínimo de 60 quilómetros en vehículo e escasas combinacións e posibilidades de acudir en transporte público».