Un mariscador que faenaba nun barco meixoeiro en Muros foi rescatado esta tarde despois de caer da embarcación por un golpe de mar e chegar el mesmo a nado ata unha batea.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o mariñeiro foi localizado por unha lancha e levado ao porto de Muros, desde onde foi trasladado ao Punto de Atención Continuada como medida preventiva.
Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia uns minutos antes das catro. Segundo indicaba na súa comunicación, o alertante recibira un aviso de que faltaba un tripulante dun barco mexilloeiro que realizaba a ruta entre Esteiro e Muros.
Axiña, con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.