Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha muller que resultou ferida despois de ser atropelada por un coche na AC-429, en Cánduas, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños.
Unha vez que o persoal sanitario informou do suceso, quince minutos antes das doce deste mediodía, o 112 Galicia comunicou os feitos aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso e aos axentes de Tráfico e da Policía Local.
AXEGA 112

