Unha persoa perdeu a vida nun accidente de tráfico, ocorrido a pasada noite, no concello de Carballo.O 112 Galicia recibiu varias chamadas, ás 23:45 horas, que alertaban dun accidente no punto quilométrico 3 da estrada comarcal AC-418, en Cances. Durante as comunicacións, xa se afirmaba que o corpo dunha persoa estaba tendido na calzada.
De contado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) informouse aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil da localidade coruñesa. Ademais, tamén se lle notificaron os datos ao persoal de mantemento da vía.
Unha vez no lugar, o persoal sanitario tan só puido confirmar o falecemento da persoa.
Fonte-AXEGA 112