18.8 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Caída por un desnivel en Vimianzo

En Vimianzo, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Cee para evacuar a un condutor e único ocupante dun vehículo que se precipitou por un desnivel cando circulaba pola AC-441, no punto quilométrico 16, no Alto das Seixas, no concello de Vimianzo.

Segundo o relato dos Bombeiros, que se desprazaron ata o lugar nada máis ser avisados polo 112 Galicia, debido ao impacto, o teito solar do coche rompeu e, tras estabilizar o turismo, puideron sacar ao ferido polo oco do teito.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 15:45 horas desta tarde. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular informaba dun coche precipitado por un terraplén, segundo o alertante, dunha altura aproximada duns cinco metros.

A partir de aí, os xestores do 112 informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

INFORMA AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos