8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Os equipos de intervención axudan a unha persoa a saír do seu vehículo tras colidir contra un camión en Arteixo

Unha persoa necesitou a axuda dos servizos de emerxencias para saír do vehículo no que circulaba e co cal sufriu un accidente contra un camión, no concello de Arteixo.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia da colisión, ás dez da mañá, na Avenida do Alcalde Manuel Platas Varela. A testemuña indicaba que non sabía se no interior dos vehículos implicados había alguén ferido ou mesmo atrapado polo que, desde o CIAE-112 Galicia, notificóuselle o sinistro a urxencias sanitarias, aos Bombeiros da localidade, á Policía Local e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil.Foron estes últimos os que informaron ao 112, desde o punto, de que axudaran a saír a unha das persoas implicadas no accidente, a do turismo, deste mesmo para que puidese ser atendida polos sanitarios, debido á complicada posición na que quedaran as portas do coche.

Info-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos