Unha persoa tivo que ser excarcerada, a pasada noite en Padrón, logo de sufrir unha saída de vía co vehículo que manexaba.O accidente ocorreu no lugar de Bascuas, pertencente á parroquia de Cruces, ás 21:00 horas. Foi unha testemuña do sinistro quen alertou ao 112 Galicia de que un turismo acababa de quedar envorcado na estrada e de que no seu interior permanecía unha persoa atrapada.
De inmediato, desde o CIAE-112 Galicia notificóuselle o ocorrido aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón, ao persoal sanitario e aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.Ao remate das tarefas no lugar, os membros do GES comunicaron que tiveron que excarcerar a unha persoa para que puidese ser trasladada polos servizos sanitarios.
INFO-AXEGA 112