5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Os equipos de intervención axudan a unha persoa a saír do seu vehículo tras unha saída de vía en Arteixo

Unha persoa necesitou a axuda dos servizos de emerxencias para lograr saír do vehículo no que circulaba, logo de sufrir unha saída de vía, no concello de Arteixo.Ao fío das once da mañá, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba dun coche envorcado na Travesía da Praia, no Polígono de Sabón. Así, tamén indicaba que no interior do turismo había unha persoa atrapada que non podía saír.

Nese momento, os xestores do CIAE-112 alertaron aos Bombeiros de Arteixo, ao persoal sanitario, á Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Ao final, a dotación de Bombeiros, desprazada ata o lugar, confirmoulle ao 112 que tivo que prestar axuda á persoa implicada para que puidera saír do coche pola parte do maleteiro, sen que fosen necesarias tarefas de excarceración.

Información-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos