Os axentes da Policía Local comunicaban ao 112 Galicia esta tarde de domingo 22 de novembro, ao fío das cinco, o achado.Indicaban que a muller, falecida, foi atopada nunha zona de eucaliptos, moi preto do lugar de Rial, no concello de Trazo.
O dispositivo de busca, posto en marcha desde a noitiña do pasado martes, estivo coordinado en todo momento polos axentes da Garda Civil e, desde ese intre, os servizos de emerxencias da localidade e da contorna traballaron arreo na procura da muller.
Ademais dos axentes da Garda Civil, da Policía Local, de persoal do Concello, de familiares e veciños, formaron parte do operativo os efectivos de Protección Civil de Oroso, de Santiago de Compostela e de Val do Dubra.
Así mesmo, participaron na busca a Unidade de Cans de Rescate de Padrón e a Unidade Operativa de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).
Información-AXEGA 112