16.8 C
Santa Comba
sábado, septiembre 30, 2023

Un motorista faleceu na Laracha despois de sufrir un accidente coa moto que conducía

Pese aos intentos de reanimación, por parte dos profesionais sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida.O accidente ocorreu a escasos minutos das 00:00 horas desta madrugada.

Foi, a esa hora, cando unha persoa particular comunicou ao 112 Galicia que acababa de ver desde a súa casa como un motorista, que circulaba á altura de Cancelo de Abaixo, na saída da Autoestrada, caera da moto que conducía e estaba tirado no chan.

Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Garda Civil de Tráfico, ademais, puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Carballo.Nada máis chegar ao lugar, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do varón.

Info-AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,830SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos