2.8 C
Santa Comba
sábado, enero 18, 2025

Unha persoa perdeu a vida en Cee a causa dun atropelo

Unha persoa faleceu a noite pasada no concello de Cee tras ser alcanzada por un vehículo na Avenida de Fernando Blanco, á altura do número 99.O accidente produciuse ás 19:30 horas e ata o lugar desprazouse un equipo médico, que tan só puido confirmar o falecemento da vítima.

Nada máis recibir a chamada, na cal o alertante solicitaba asistencia médica urxente para unha persoa que sufrira un atropelo na AC-550, os xestores do 112 Galicia informaron decontado aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia e aos Bombeiros de Cee.

Desafortunadamente, malia os esforzos dos equipos de intervención, nada se puido facer por salvarlle a vida.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, membros de Protección Civil de Cee e o servizo de mantemento das estradas, que axudaron a recuperar as condicións de seguridade na vía.

Fonte- AXEGA 112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos