A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, convocou ás entidades xalleiras, a unha xuntanza que se levará a cabo este vindeiro luns 15 de novembro no auditorio do multiusos desde as 21h.
Segundo unha nota informativa da propia mandataria «co obxecto de planificar o presuposto municipal para o vindeiro ano 2022 é necesario coñecer todos aqueles proxectos previstos polas entidades municipais legalmente constituidas sin ánimo de lucro, susceptibles de poder contar con posibles axudas para iniciativas de interese municipal no ámbito deportivo, cultural, educativo, social e comercial».