-0 C
Santa Comba
sábado, febrero 4, 2023

Accidente múltiple en Padrón

Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios despois de producirse unha colisión por alcance entre cinco vehículos, cando circulaban pola N-550, ao redor do punto quilométrico 82, en Iria Flavia, no concello coruñés de Padrón.

O accidente ocorreu sobre as sete da tarde deste xoves. Ademais do persoal sanitario acudiron, nada mais ser informados polo 112 Galicia, tras recibir a chamada dun particular, os membros do GES da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Os Bombeiros de Boiro tamén foron informados do sinistro.

Os servizos sanitarios, tras evacuar aos feridos, indicaron que, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade, un deles foi trasladado ao Hospital de referencia, sendo derivadas as outras dúas persoas feridas ao centro de saúde da localidade.

info-axega112

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,801SeguidoresSeguir
1,020SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos