9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Un percebeiro foi rescatado tras resultar ferido ao caer nunhas rochas nas Illas Sisargas

Informa- AXEGA 112

Un helicóptero de Salvamento rescatou, esta tarde, a un percebeiro que sufriu unha caída mentres faenaba nunha zona de cantís nas Illas Sisargas, en Malpica de Bergantiños.Foi un compañeiro do ferido quen, pouco antes das tres e media, deu aviso ao 112 Galicia de que unha persoa resultara ferida logo de caer nunhas rochas. Nesa mesma comunicación sinalaba que se atopaban nunha zona de difícil acceso por terra.

De xeito inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil e á Policía Local de Malpica.Unha vez que o helicóptero localizou ao ferido, trasladouno ata o aeroporto de Alvedro, na Coruña, desde onde foi evacuado polos servizos sanitarios ata o centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos