2.9 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Unha colisión múltiple entre tres vehículos deixa unha persoa ferida en Padrón

AXEGA 112-

Un accidente con tres vehículos implicados, en Padrón, obrigou a trasladar a unha persoa.Pasadas as once da mañá, un particular daba aviso ao 112 Galicia de que se acababa de producir unha colisión por alcance entre tres coches na estrada N-550, ao seu paso polo lugar da Escravitude, en Padrón. Así mesmo, solicitaba asistencia sanitaria para unha persoa que resultaba ferida.

Con esta información, os xestores do CIAE-112 Galicia comunicaron os feitos ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, a Garda Civil de Tráfico, ao GES de Padrón e á Policía Local.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencias confirmaron que había tres coches implicados no accidente e que unha persoa precisara ser trasladada polos servizos sanitarios.

Por último, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) solicitouse a intervención do servizo de mantemento de estradas para restablecer e garantir as condicións de seguridade da vía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos