15.8 C
Santa Comba
jueves, junio 30, 2022

Unha persoa tivo que ser liberada tras colidir dous vehículos en Fontecada

AXEGA 112-

Os bombeiros liberaron a unha persoa que quedou atrapada no seu coche tras producirse unha colisión entre dous vehículos na estrada AC-546, ao seu paso polo concello de Santa Comba.O 112 Galicia soubo deste sinistro, arredor das tres da tarde, cando un particular informaba dun accidente entre dous coches cunha persoa ferida, na parroquia de Fontecada.

De xeito inmediato, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba. Ademais, tamén se informou aos Bombeiros da localidade que, finalmente, tiveron que acudir ao punto para liberar a ocupante do vehículo xa que, segundo sinalaban desde o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, debido a que o coche se atopaba nunha gabia, era complicado inmobilizar á paciente.

Así, os bombeiros encargáronse de realizar os labores de excarceración para que os servizos sanitarios puidesen atender a muller en condicións de seguridade.A maiores, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) tamén solicitou a intervención do servizo de mantemento de estradas para proceder á limpeza da vía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,775SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos