10.3 C
Santa Comba
sábado, enero 25, 2025

Localizan o corpo sen vida dun home nunha zona forestal de Lousame

Informa AXEGA 112-

O corpo sen vida dun home foi atopado, esta tarde, no monte de Marselle, no concello de Lousame.Así o comunicaba ao 112 Galicia un particular, ao fío das 14:00 horas. Na chamada realizada ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, a persoa indicaba que estaba camiñando polo monte e que acababa de atopar a un varón que semellaba falecido.

Decontado, desde o 112 puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros de Boiro e dos membros do GES de Noia e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lousame, co fin de prestar apoio para o acceso e o rescate do corpo.Ademais, desde o CIAE-112 Galicia tamén se mobilizou á Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos