Santa Comba acolleu un acto de irmandamento de nove localidades europeas que participan no programa «Europe for Citizens».
A alcaldesa xalleira, María Pose, actuou como representante do concello español, que participa nesta iniciativa xunto con municipios de Portugal, Italia, Hungría, Eslovaquia, Polonia, Bulgaria, Malta e Romanía.Estamos diante dun plan financiado pola Unión Europea que busca fomentar a participación dos cidadáns nas administracións. O acto celebrouse no Complexo A Fortaleza.
Segundo detallou o xornal El Correo Gallego a este encontro asistiron Vania Dias, da Cámara Municipal de Pinhel (Portugal); Tari László, do concello de Tar (Hungría); Stefan Cuudy, alcalde de Glabusovce (Eslovaquia); Rafal Zahorski, alcalde de Olesnica (Polonia); Margareth Baldachino, alcaldesa de LImsida (Malta); Iliycho Lachovski, alcalde de Knezha (Bulgaria); Popa Ion, alcalde de Posesti (Rumanía), e Giuseppe Briguglio, alcalde de Mandanici (Italia).