-AXEGA 112-
Un choque entre dous vehículos na estrada AG-11, ao seu paso por Padrón, deixou dúas persoas feridas, esta mañá.Foi o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 quen, pasadas as seis e media da mañá, informaba ao 112 Galicia dun colisión lateral entre dous vehículos e sinalaba que había dúas persoas feridas, unha delas atrapada.
Así, de xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia deron aviso aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón e á Garda Civil de Tráfico.Xa no punto, os medios de intervención confirmaron que había unha persoa atrapada nun dos vehículos e procederon a liberala.
Ao remate das súas tarefas, os membros do GES de Padrón comunicaron ao CIAE-112 Galicia que unha persoa resultara ferida e fora trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.