15.8 C
Santa Comba
jueves, junio 30, 2022

Un helicóptero de Salvamento rescata a un home que caeu ao mar desde unhas rochas en Fisterra

AXEGA 112-

O helicóptero Pesca I de Salvamento Marítimo rescatou, a pasada tarde, a un home que caeu ao mar nunhas rochas próximas á praia da Arnela, en Fisterra.Foi un familiar da vítima quen avisaba ao 112 Galicia, ás sete da tarde, de que a persoa caera, levara un golpe na cabeza e non conseguía saír da auga.

Con estes datos, de xeito inmediato, os xestores do CIAE-112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Garda Civil, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e de Protección Civil de Fisterra.Salvamento mobilizou dúas embarcacións ata o lugar, ademais do helicóptero Pesca I, que foi quen rescatou ao home para trasladalo, posteriormente, ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee onde, finalmente, segundo informou Salvamento Marítimo ao 112 Galicia, faleceu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,775SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos