AXEGA 112-
Unha persoa perdeu a vida esta tarde despois de que colidisen dous turismos na N-550, en Teo. Ademais, outra persoa que tamén circulaba nun dos coches implicados no accidente resultou ferida e foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.O sinistro produciuse ao fío das catro menos cuarto. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular deu conta do accidente ao 112 Galicia.
Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado, aínda que nada puido facer por salvarlle a vida á vítima.Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Boiro, que excarceraron á persoa falecida en colaboración co GES de Padrón, dos axentes da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.