5.5 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Unha saída de vía en Carnota remata con dúas persoas trasladadas

Info-AXEGA 112

Dúas persoas resultaron feridas na noite de onte despois de saírse da vía mentres circulaban pola parroquia de Lira, no concello coruñés de Carnota. Ambas foron trasladadas ao Hospital Virxen da Xunqueira polo equipo sanitario de urxencia.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir unha chamada de alerta dun dos ocupantes do vehículo sinistrado ao fío das 00:30 horas. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, o coche sufriu unha saída de vía e deu varias voltas de campá, o que provocou que os seus ocupantes tivesen dificultades para abandonar o turismo.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía, dos Bombeiros de Cee e dos membros do GES de Muros.Unha vez no lugar do accidente, os equipos de intervención confirmaron que as persoas estaban liberadas e accesibles, descartando o uso do material de excarceración.

Para restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o 112 avisouse á Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos