Unha muller perdeu a vida no lugar dos Picotos, na parroquia de Santa Sabiña en Santa Comba «tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola» segundo informou o 112 Galicia.
As mesmas fontes confirmaron que «os equipos de intervención só pudieron confirmar o seu falecemento». Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios, dos bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil.