8.1 C
Santa Comba
lunes, abril 28, 2025

Arde por completo un pendello en Vimianzo

Informa-AXEGA 112

No concello de Vimianzo, un incendio nun vehículo agrícola calcinou por completo un pendello na parroquia de Tines. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Preto da unha hora da tarde, o 112 Galicia recibiu o aviso dunha persoa que solicitaba axuda para conter as lapas que afectaban a cabina dun tractor almacenado no interior dun alpendre.

Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Vimianzo. Unha vez no lugar, os medios de extinción confirmaron que a construción quedou totalmente consumida polas lapas, o que incluíu o vehículo agrícola e tamén algo de leña almacenada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos