6.6 C
Santa Comba
sábado, enero 28, 2023

Falece un varón en Tordoia tras precipitarse dende o tellado dunha vivenda

Info-AXEGA 112

Un home perdeu a vida despois de caer do tellado dunha vivenda ao mediodía de hoxe. Os feitos ocorreron na parroquia de Anxeriz, no concello de Tordoia.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12:45 horas desta mañá a través da chamada dunha persoa particular que solicitaba asistencia médica urxente para o varón, que quedara inconsciente tras precipitarse dun tellado no lugar de Vilasal. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 polo alertante, o ferido realizaba tarefas nun recinto da súa propiedade cando se produciu o accidente.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, de inmediato, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o punto. Ademais, desde o 112 tamén solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.Desafortunadamente, unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que nada se puido facer por salvarlle a vida.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,796SeguidoresSeguir
524SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos