AXEGA112-
Sobre as dez e media, o 112 Galicia era informado dunha colisión entre dous turismos.Foi, a esa hora, cando un dos implicados chamou ao 112 Galicia para advertir da colisión. Indicaba que, no momento do accidente, os coches circulaban pola AC-552, á altura de Oca, concretamente, na rotonda do Carrefur, en Coristanco. Aseguraba ademais que os vehículos entorpecían a estrada e que había unha muller embarazada que necesitaba asistencia.
Ata o lugar acudiron nada máis ser avisados polo 112 Galicia, os servizos sanitarios, os axentes da Policía Local e os membros do GES de Ponteceso. Tamén foron informados os axentes de Tráfico, os Bombeiros de Carballo e os efectivos de Protección Civil municipal.Os servizos sanitarios trasladaron á muller en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.