13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Un incendio provoca danos materiais nunha igrexa en Trazo

Informa-AXEGA 112

Un incendio, orixinado nun moble onde se depositan as candeas, provocou diversos danos materiais nunha igrexa na parroquia de Vilouchada, no concello coruñés de Trazo. Afortunadamente, o lume puido ser contido por particulares e non houbo que lamentar danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás catro horas desta tarde a través das chamadas de alerta de diversos veciños da zona. No seu relato, as testemuñas do suceso solicitaban medios de extinción que puidesen conter as lapas que estaban consumindo parte do interior do edificio. Durante a comunicación, un dos alertantes indicou que non había persoas afectadas.

De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Ordes e de Santiago de Compostela, aos axentes da Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra. Ademais, por precaución, informouse tamén ao equipo de urxencias médicas.

Unha vez no lugar, e debido á intensa fumareda provocada polo incendio, os efectivos de Protección Civil procederon a ventilar o local e a comprobar a extinción do lume, que xa fora apagado por particulares.

Segundo puido saber o 112 Galicia, ardeu o armario das candeas, unha balaustrada empregada para resgardar unha imaxe e parte do confesionario.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos