10.3 C
Santa Comba
martes, abril 22, 2025

Un home foi evacuado en helicóptero despois de caer da bicicleta coa que circulaba en Mazaricos

Informa AXEGA 112

Un ciclista resultou ferido de consideración ao caer da bicicleta coa que circulaba na parroquia dos Vaos, en Mazaricos.O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi evacuado a un centro hospitalario.

Desde o CIAE 112 Galicia, nada máis recibir a alerta, requiriuse a intervención dos axentes da Garda Civil, dos Bombeiros de Santa Comba, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mazaricos e dos efectivos do GES de Muros, que prestaron apoio ao equipo médico desprazado na aeronave.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos