Informa-AXEGA 112
En Carnota, ocorreu sobre as dez da noite deste venres, no lugar de Lariño, na estrada que une as localidades de Carnota e Muros.Un particular avisaba ao 112, a esa hora, dun accidente con tres vehículos implicados, no carril esquerdo de dita estrada, dirección Muros. Aínda que nun primeiro momento, non se requiría a asistencia sanitaria, finalmente, os servizos sanitarios tiveron que desprazarse ata o lugar e trasladar a unha das condutoras ao Hospital Virxe da Xunqueira.
Ademais dos medios sanitarios foron informados os axentes de Tráfico, os membros do GES de Muros e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tamén en Arteixo, unha persoa implicada noutra colisión entre outros tres turismos, precisou que os servizos sanitarios se desprazaran ata o lugar onde colidiran os tres vehículos, na Avenida do Alcalde Manuel Platas Varela, en Oseiro, concretamente, na rotonda do Seixedo, na localidade coruñesa de Arteixo. Non obstante, a persoa aínda que si, foi atendida no mesmo lugar dos feitos, non precisou ser trasladada.
A Policía Local foi quen deu aviso ao 112 Galicia deste accidente, dez minutos antes das dez da pasada noite, e, a partir de aí, foron informados ademais dos medios sanitarios, os Bombeiros de Arteixo e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil.