5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Seis persoas resultaron feridas na Baña nun accidente múltiple

Fonte-AXEGA 112

Un total de seis persoas resultaron feridas este mediodía despois de producirse un accidente entre tres turismos ao seu paso pola localidade coruñesa de A Baña.No momento de producirse o sinistro, os coches circulaban pola AC-444, á altura de Paredes.Foi un particular quen deu aviso ao 112 Galicia, sobre as 15:15 horas. Indicaba que había tres vehículos implicados e que, ademais, entorpecían o tráfico.

Con estes datos, os xestores informaron decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Xallas e á Garda Civil de Tráfico.Xa no lugar dos feitos, o persoal sanitario confirmou ao 112 que seis persoas tiveran que ser trasladadas por resultar feridas.

Os Bombeiros de Santa Comba e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén se desprazaron ata o punto co fin de realizar as tarefas de limpeza da vía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos