6.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Unha colisión entre dous coches en Cerceda sáldase con tres persoas feridas e unha delas excarcerada

Info-AXEGA 112-

Tres persoas resultaron feridas, e unha delas necesitou ser excarcerada, logo de producirse un accidente entre dous vehículos, no concello de Cerceda.O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos arredor das dez e media da noite, cando un particular chamou para informar da colisión. Así, indicábase que dous coches acababan de colidir na estrada comarcal AC-523, no punto quilométrico 12, e que había varias persoas que necesitaban asistencia médica.

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) puxéronse os datos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil da localidade.Unha vez chegados ao lugar do sinistro, os servizos médicos e os membros de Protección Civil de Cerceda confirmaron que había tres persoas feridas e que unha delas tiña unha perna atrapada polos ferros no interior dun dos turismos.

Finalmente, os Bombeiros de Cerceda comunicáronlle ao 112 Galicia que excarceraron a unha persoa.Para levar a cabo a limpeza dos restos do accidente na vía, o 112 tamén lle notificou o acontecido ao persoal de mantemento da estrada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos