9.8 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Unha muller ten que ser excarcerada do interior do vehículo que conducía tras envorcar en Zas

AXEGA 112-

A muller, tras ser excarcerada, foi trasladada en ambulancia polos servizos sanitarios de urxencia.Todo sucedeu sobre as once e media da pasada noite, a esa hora, un particular contactaba co 112 Galicia para informar dun vehículo accidentado na AG-55, á altura do punto quilométrico 56, en Baio, dirección Coruña, no concello coruñés de Zas, sen asegurar se había persoas feridas ou atrapadas no interior do vehículo.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, de Carballo, aos membros do GES de Ponteceso e á Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, puxéronse os feitos en coñecemento do persoal do servizo de mantemento da vía que, nada máis chegar ao punto, indicaron que o coche accidentado estaba envorcado cunha muller atrapada no seu interior.Finalmente, xa no lugar dos feitos, os Bombeiros de Santa Comba confirmaron a excarceración da muller e única ocupante do vehículo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos