13.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

Os servizos de emerxencia rescatan dunha zona rochosa a un pescador ferido en Malpica de Bergantiños

Axega 112

Os equipos de intervención rescataron esta tarde un home que levou un golpe mentres pescaba nunha zona de rochas no porto de Malpica de Bergantiños.O 112 Galicia tivo coñecemento da situación do pescador ás seis, a través dunha persoa particular.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Local, da Garda Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou dos feitos a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos Bombeiros de Bergantiños, ao GES de Ponteceso e a Protección Civil.Finalmente, segundo confirmaron ao 112 Galicia os axentes da Policía Local, unha vez rescatado, o pescador foi atendido dun golpe na cabeza polo persoal sanitario.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos