Axega 112-
Tres persoas foron trasladadas a consecuencia dunha colisión múltiple entre tres vehículos, en Laxe.Os feitos ocorreron ás 20:00 horas, da pasada tarde, na estrada comarcal AC-433, no punto quilométrico 6, en Traba.
O 112 Galicia foi alertado por varios particulares e facilitoulle a información ao 061, á Garda Civil de Trafico, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso e aos membros de Protección Civil da localidade. Estes últimos foron os que lle confirmaron aos xestores do CIAE-112 Galicia, unha vez chegados ao lugar do sinistro, que resultaran feridas tres persoas que foron trasladadas en ambulancia.Para levar a cabo a limpeza na vía, o 112 tamén alertou ao persoal de mantemento da estrada.