Info-AXEGA 112
Os servizos de emerxencia localizaron falecido a un ciclista que se atopaba en paradoiro descoñecido nunha pista forestal na parroquia de Sestaio, en Muros.O corpo sen vida do home foi atopado pola Garda Civil, logo de recibir no 112 Galicia a alerta da súa desaparición a través dun compañeiro do varón falecido.
O 112 Galicia tivo coñecemento da falta do ciclista ás dúas e media desta tarde. Segundo indicaba o compañeiro do ciclista na súa chamada, o home saíra coa bicicleta ás nove e media da mañá e descoñecía onde se atopaba.
Acto seguido, os xestores puxeron a situación en coñecemento da Garda Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Muros e de Protección Civil.Moi preto das catro da tarde, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que atoparan ao ciclista falecido nunha pista forestal próxima a Cruz de Pelos.