Info-AXEGA 112
Un operario perdeu a vida esta tarde logo de caerlle encima unha viga nun taller en Vimianzo.Os feitos sucederon na rúa do Vilar, ao fío das cinco e cuarto. Nese momento, o 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, unha vez no lugar do accidente, a pesar dos esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida ao operario.
Cómpre salientar que desde o CIAE 112 Galicia informouse á Garda Civil, aos Bombeiros de Cee e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo.