9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

O incendio dunha pa mecánica nunha nave de tratamento de cereais en Arteixo deixa un operario ferido

AXEGA112

Un incendio orixinado nunha pa excavadora dunha nave dedicada ao tratamento de cereais saldouse cun operario ferido e diversos danos no motor da máquina industrial.Segundo a información recollida no 112 Galicia, o traballador da nave foi trasladado nun vehículo particular ata un centro médico, logo de sufrir un golpe.

O 112 Galicia tivo coñecemento do lume ao fío das seis da tarde, a través do persoal do Centro de Control do Porto da Coruña, que alertaba dun incendio nunha nave situada no Porto Exterior de Punta Langosteira.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil.

Xa desde o lugar do incendio, os Bombeiros de Arteixo confirmaron ao 112 Galicia que o lume fora sufocado polos propios traballadores da nave, que sacaron a pa mecánica do interior da construción para extinguir as lapas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos