Fonte-AXEGA 112
Os equipos de emerxencia de Padrón auxiliaron a unha persoa que se precipitou por un desnivel tras sufrir unha saída de vía co coche que manexaba.
A poucos minutos da unha da madrugada, un particular chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda para acceder ata un condutor precipitado por un terraplén duns dous metros de altura. A persoa indicaba que se acababa de producir unha saída de vía na estrada de Lestrove e que non se podía chegar ata o implicado.
De inmediato, desde o 112 alertouse aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón e á Garda Civil de Tráfico.Ao remate da intervención no lugar, os membros do GES da localidade comunicáronlle ao 112 Galicia que tiveron que descender polo desnivel para axudar á persoa a subir ata a estrada e poder ser atendida polo persoal sanitario no punto.