Informa-AXEGA 112
Por outra banda, un ciclista tivo que ser trasladado tras sufrir un atropelo no concello da Laracha.Varias persoas chamaron ao 112 Galicia, arredor das 10:30 horas, para informar do accidente ocorrido na estrada DP-1913, sobre o punto quilométrico 8. Indicaban que un ciclista acababa de ser atropelado e que estaba ferido na calzada.
Desta forma, os operadores do CIAE-112 Galicia déronlle aviso ao 061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos Bombeiros de Carballo. Minutos despois, o persoal sanitario comunicou a saída dun helicóptero medicalizado para o lugar, polo que tamén se alertou aos membros de Protección Civil do municipio.
Finalmente, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 indicaron que a persoa foi trasladada en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.