Informa-AXEGA 112
Un accidente cun turismo en Trazo saldouse cunha muller ferida de diversa consideración na tarde de hoxe.O sinistro ocorreu ao fío das 18:45 horas, á altura da parroquia de Xavestre, dirección Portomouro. Tratouse dunha saída de vía na localidade de Oa e o 112 Galicia recibiu a alerta grazas a chamada dunha persoa particular.
Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivaron ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela e que tomou terra no mesmo lugar dos feitos. Así mesmo, foron avisados os Bombeiros de Ordes e de Santiago, os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.
Aínda que nun primeiro momento pensouse que a ferida puidese estar atrapada no interior do vehículo, finalmente, os equipos de emerxencia comprobaron que era posible acceder á muller sen a necesidade de empregar o material de excarceración.