5.9 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

Rescatan a seis persoas que navegaban en dous caiacs en Muros

INFO -AXEGA 112-

Seis persoas que navegaban en dous caiacs fronte á praia de San Francisco, en Muros, tiveron que ser rescatadas por Salvamento Marítimo, logo de que, por mor das correntes da zona, tivesen problemas para regresar a terra.

Segundo informaba ao 112 Galicia, ás seis da tarde, unha das persoas que ía nos caiacs, navegaban fronte á praia de San Francisco, en Louro, pero afastáronse da liña de costa do areal e a corrente non lles permitía regresar á beira. Ademais, sinalaba que a embarcación, na que viaxaban seis persoas -entre elas, dous menores-, estaba rodeada por varios golfiños.

Con estes datos, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación para acudir ao rescate, e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Deseguido, tamén foron informados os socorristas da praia de San Francisco, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Muros.

Afortunadamente, todos os ocupantes da embarcación puideron ser rescatados por Salvamento en bo estado.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos