6.5 C
Santa Comba
martes, marzo 28, 2023

Un home tivo que ser trasladado logo de sufrir un atropelo en Carballo

Informa- AXEGA 112

Un home necesitou ser trasladado, esta madrugada, despois de sufrir un atropelo, no concello de Carballo.

Arredor das 01:00 horas, varias persoas contactaron co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para un señor que acababa de ser atropelado na estrada que une Carballo con Malpica, a altura de Cances.

De inmediato, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron aos servizos médicos, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Carballo e a Protección Civil.

Finalmente, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo comunicáronlle ao 112 que a persoa tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Ademais, tamén indicaron que realizaron tarefas de limpeza na vía, que quedaba aberta ao tráfico.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos